Saltar ao contido

Illa Mansel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Mansel
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Árticas do Canadá Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Árticas do Canadá Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNunavut, Canadá Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 62°00′N 79°50′O / 62, -79.83
Bañado porBaía de Hudson Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño48 (ancho) × 112 (lonxitude) km
Superficie3.180 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1613 Editar o valor en Wikidata

Illa Mansel (Mansel island; en inuktitut:Pujjunaq) é unha illa situada na canadense baía de Hudson, Fronte á Península de Ungava. A illa forma da parte de Rexión Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa ten 3.180 km² de superficie. Ten 112 quilómetros de lonxitude e unha anchura duns 48. Mansel é a máis pequena das tres illas que afloran no norte da baía de Hudson, sendo as outras dúas Illa Southampton e Illa Coats. A illa está situada ao leste da Illa de Coats e a uns 60 quilómetros ao oeste da península de Ungava. O terreo é ondulado e apenas supera os 100 metros de Altura.

A illa é o fogar dunha reserva de renos.

A illa foi descuberta en 1613 polo explorador inglés Thomas Button e foi chamada Mansel en honra do vicealmirante Robert Mansel de quen Button desposara a unha sobriña a súa. Na illa atópanse restos arqueolóxicos da cultura Dorset de pobos indíxenas anteriores aos inuit. Unha estación comercial da Compañía da Baía de Hudson estivo activa en Swaffield Harbour, na costa setentrional da illa, de 1930 de 1932.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aylsworth, J. M., and W. Shilts. Surficial Geology of Coats and Mansel Islands, Northwest Territories. [Ottawa]: Energy, Mines, and Resources Canada, 1991. ISBN 0660137453
  • Comock. Comock: the True Story of an Eskimo Hunter as told to Robert Flaherty. Photographs by Robert Flaherty. Text by Robert Flaherty and Edmund Carpenter. Jaffrey, N.H.: David R. Godine, 2003.
  • Furnell, D. J. Summer Polar Bear Tagging on Mansel Island, N.W.T. [Yellowknife]: N.W.T. Wildlife Service, Govt. of the Northwest Territories, 1979.
  • Polunin, Nicholas. Additions to the Floras of Southampton and Mansel Islands, Hudson Bay. Contributions of The Gray Herbarium, Harvard University, No.165. 1947.